lunes, 10 de octubre de 2016

Iguais, eu vou ser... Educando en igualdade


O pasado mércores día 13 de abril, ás 17 horas, tivo lugar no CFR de Ferrol a presentación do proxecto "IGUAIS. EU VOU SER....EDUCANDO EN IGUALDADE" na que contamos coa presenza das persoas que participaron no seu deseño e elaboración.:
  • José Pardo: Fotógrafo de La Voz de Galicia
  • Beatriz Antón: Periodista de La Voz de Galicia
  • Marta Sixto e José Pardo: ANPA do Cruceiro de Canido
  • Laura Fernández, María del Mar Sobrín e Ana Seijas Vispo:  Autoras das exemplificacións didácticas
  • José Antonio López: Profesor de Artes Gráficas do IES Leixa
Este proxecto deseñouse para ser desenvolvido nos centros de Educación Infantil, Primaria, Secundaria e FP Básica, aínda que pensamos que é unha ferramenta que pode ser de interese non so para estes centros senón para calquera institución que traballe con nenos e nenas en edade escolar. 
O material podedes telo á vosa disposición previa petición ao CFR de Ferrol, poñéndovos en contacto con José Antonio Sordo: 
Rúa o galego Soto, s/n
15403 Ferrol. A Coruña
T.+34981370541 F.+34981370540
cfr.ferrol@edu.xunta.es
www.edu.xunta.es/centros/cfrferrol 


No hay comentarios:

Publicar un comentario